En todas as mans
ProduciónA realidade dos montes veciñais condiciona o 25 % do territorio galego. Unha realidade invisíbel. Coa idea de facer visíbel o seu valor cultural, económico e social, desde Trespés impulsamos o proxecto de documentario En todas as mans, baixo a dirección de Diana Toucedo.
O traballo mostra unha visión da realidade dos montes veciñais en Galiza e Portugal a través de diferentes comunidades de montes. Estreouse en maio de 2015.
Colaboración: AGADIC, TVG.
Realizamos
Produción audiovisual.